
			
======================================================================
Ficheiro Léame do LibreOffice 3.3
======================================================================

Vexa as últimas actualizacións dete ficheiro en http://www.libreoffice.org/welcome/readme.html

Este ficheiro contén información importante sobre o software LibreOffice. Recoméndaselle ler atentamente esta información antes de comezar a instalación.

A comunidade de LibreOffice é responsábel do desenvolvemento deste produto, e invítao a participar nela. Se é un novo usuario pode visitar o sitio de LibreOffice no cal poderá atopar moita información sobre o proxecto LibreOffice e as comunidades que existen arredor del. Vaia a http://www.libreoffice.org/.
			
LibreOffice é realmente libre para calquera usuario?
----------------------------------------------------------------------

LibreOffice é de uso libre para todos. Pode utilizar esta copia de LibreOffice e instalala en todos os computadores que desexe, e utilizala para calquera propósito que que teña (o que inclúe a utilización comercial, gobernamental, na Administración pública e na educación). Para máis detalles, consulte o texto da licenza incluída na descarga de LibreOffice.
			
Por que LibreOffice é libre para todas as persoas?
----------------------------------------------------------------------

Pode utilizar esta copia de LibreOffice libre de cargas porque persoas individualmente e empresas patrocinaron desenvolvedores que deseñaron, desenvolveron, traduciron, documentaron, proporcionaron asistencia, publicitaron e axudaron de moitas outras formas para facer de LibreOffice o que el é hoxe - a mellor suite de programas de produtividade ofimática de código aberto do mundo para a casa e o traballo.

Se aprecia os esforzos e desexa que LibreOffice continúe dispoñíble no futuro, considere facer a súa contribución co proxecto - para máis detalles vexae http://www.documentfoundation.org/contribution/. Todo o mundo pode contribuír dalgunha maneira.
			
----------------------------------------------------------------------
Notas sobre a instalación
----------------------------------------------------------------------
			
Requisitos do sistema:
----------------------------------------------------------------------

En xeral, recomendamos instalar a LibreOffice mediante os métodos de instalación recomendados pola súa distribución Linux (tal como o Centro de Software de Ubuntu, para Ubuntu Linux). Isto é porque adoita ser o camiño máis simple para obter unha instalación que estea optimizada no seu sistema. Mesmo pode ser que a LibreOffice xá estea instalada de modo predeterminado ao instalar o seu sistema operativo Linux.

Este instalador da LibreOffice "autónomo" fornéceselles a usuarios que necesitam de previsualización, teñen necesidades especiais, e para casos excepcionais.

* Linux Kernel versión 2.6.18 ou superior;
* glibc2 versión 2.5 ou superior;
* gtk versión 2.10.4 ou superior;
* PC compatíbel con Pentium (Recoméndase Pentium III ou Athlon);
* 256 MB RAM (Recoméndase 512 MB RAM);
* Ata 1,55 GB de espazo dispoñíbel no disco;
* Servidor X com resolución 1024x768 (recoméndanse resolucións maiores), cando menos con 256 cores;
* Gnome 2.16 ou superior, cos paquetes gail 1.8.6 e at-spi 1.7 (requiridos para a compatibilidade con ferramentas de tecnoloxías de asistencia), ou outra IGU compatíbel (tal como KDE, entre outras).

Hai una ampla variedade de distribucións de Linux, e poden existir diferentes opcións de instalación para un mismo distribuidor de Linux (KDE ou Gnome, etc.). Algunhas distribucións entregan a súa propia versión "nativa" da LibreOffice. Moitas veces, pódese instalar a versión de LibreOffice proporcionada pola comunidade xunto cunha versión nativa. A maioría das veces, no entanto, pódese preferir eliminar a versión "nativa" antes de instalar esta versión proporcionada pola comunidade. Para obter máis detalles sobre como realizar esta tarefa, consulte os recursos de axuda ao usuario fornecidos polo seu distribuidor Linux.

Recoméndase como boa práctica facer unha copia de seguranza do seu sistema antes de retirar ou instalar software.

Asegúrese de que hai espazo abondo no cartafol temporal do seu sistema e de que ten permisos de lectura, escritura e execución. Peche calquera outro programa antes de iniciar o proceso de instalación.
			
Instalación da LibreOffice en sistemas Linux baseados en Debian/Ubuntu
----------------------------------------------------------------------

Xa ten instalada unha versión anterior de LibreOffice así que terá que desinstalala antes de continuar. Para obter instrucións sobre como facelo lea a sección titulada Desinstalación dunha versión anterior de LibreOffice situada máis abaixo. Para obter instrucións sobre como instalar un paquete de idioma (despois de ter instalada a versión en inglés de EE.UU. de LibreOffice) lea a sección titulada Instalación dun paquete de idioma que está situada máis abaixo.

Cando desempaquete o arquivo descargado verá que o contido se descomprimiu nun subcartafol. Abra unha xanela do navegador de ficheiros e vaia ao cartafol que comeza por «LibO_» seguido polo número de versión e algún tipo de información sobre a plataforma.

Este cartafol contén un subcartafol chamado «DEBS». Entre no cartafol «DEBS».

Prema sobre o botón dereito do rato e seleccione "Abrir un terminal". Abrirase unha xanela do terminal. Na liña de ordes da xanela do terminal, escriba a seguinte orde (preguntaráselle previamente polo seu contrasinal de usuario root antes de que se execute a orde):

sudo dpkg -i *.deb

A orde dpkg anterior fai a primeira parte do proceso de instalación. Para completar o proceso tamén deberá instalar os paquetes de integración co escritorio. Cambie ao cartafol "desktop-integration" dentro do cartafol "DEBS", utilizando a seguinte orde:

cd desktop-integration

Execute outra vez a orde dpkg:

sudo dpkg -i *.deb

O proceso de instalación completouse e xa debería ter as iconas para todos os aplicativos da LibreOffice no seu menú Aplicativos/Ofimática 
			
Instalación da LibreOffice en Fedora, Suse, Mandriva e outros sistemas Linux que usan paquetes RPM
----------------------------------------------------------------------

Se ten unha versión anterior da LibreOffice instalada, desinstálea antes de continuar. Para obter instrucións de como facelo, lea a sección seguinte titulada Desinstalar unha versión anterior da LibreOffice. Para obter instrucións sobre como instalar un paquete de idioma (despois de ter instalado a versión norteamericana - US- English da LibreOffice), lea a sección seguinte, titulada Instalación dun paquete de idioma. 

Ao desempaquetar o arquivo descargado, o contido descomprimirase dentro dun subcartafol. Abrir unha xanela do administrador de ficheiros e escribir o cartafol que comeza con "LibO_", seguido do número de versión e a información sobre a plataforma.

Este cartafol contén un subcartafol chamado "RPMS". Cámbiese ao cartafol "RPMS".

Premer o botón dereito dentro do cartafol e escoller "Abrir nun terminal". Abrirase unha xanela do terminal. Na liña de ordes introducir a seguinte orde (solicitaráselle que escriba o contrasinal do usuario root antes de executarse a orde):

Para sistemas Fedora: su -c 'yum install *.rpm'

Para sistemas Mandriva: sudo urpmi *.rpm

Para os demais sistemas RPM (Suse, etc.): rpm -Uvh *.rpm

A orde anterior anterior leva a cabo a primeira parte do proceso de instalación. Para completar o proceso tamén é necesario instalar os paquetes de integración co escritorio. Para facer isto, cámbiese ao cartafol "desktop-integration" dentro do cartafol "RPMS", usando a seguinte orde:

cd desktop-integration

Execute agora a orde de instalación novamente:

Para sistemas Fedora: su -c 'yum install *redhat*.rpm'

Para sistemas Mandriva: sudo urpmi *mandriva*.rpm

Para os demais sistemas RPM (Suse, etc.): rpm -Uvh *suse*.rpm

O proceso de instalación completouse agora e debe ter iconas para todos os aplicativos do LibreOffice no menú Aplicativos / Ofimática do seu escritorio.
			
Notas sobre a integración do escritorio para distribucións Linux non mencionadas nas instrucións de instalación anteriores
----------------------------------------------------------------------

Debería ser doado instalar LibreOffice noutras distribucións Linux non especificadas nestas instrucións de instalación. O principal aspecto das diferenzas podería estar na integración co escritorio.

O cartafol desktop-integration tamén contén un paquete chamado libreoffice3.3-freedesktop-menus-3.3.1.noarch.rpm (ou semellante). Consiste nun paquete para todas as distribucións que admiten as especificacións do Freedesktop.org (http://en.wikipedia.org/wiki/Freedesktop.org), e fornécese para permitir a instalación noutras distribucións de Linux non cubertas nas instrucións denanteriores.
			
Instalación dun paquete de idioma
----------------------------------------------------------------------

Descargue o paquete de idioma do idioma, país e plataforma desexado. Están dispoñíbeis no mesmo lugar do arquivo de instalación principal. Ddentro do xestor de ficheiros Nautilus, extraia o arquivo descargado nun cartafol (no seu escritorio, por exemplo). Asegúrese de ter saído de todos os aplicativos da LibreOffice (incluíndo o Iniciador rápido, caso de se estar executando).

Cámbiese ao cartafol no que extraeu o paquete de idioma descargado. 

Cámbiese ao cartafol que se creou durante o proceso de extracción. Por exemplo, para o paquete de idioma galego dun sistema Debian ou Ubuntu de 32 bits, o cartafol chámase LibO_, máis a información sobre a versión, seguido por Linux_x86_langpack-deb_gl.

Cámbiese ao cartafol que contén os paquetes para instalar. Nos sistemas baseados en Debian ou Ubuntu, o cartafol chámase DEBS. Nos sistemas Fedora, Suse ou Mandriva, o cartafol chámase RPMS.

Desde o xestor de ficheiros Nautilus, prema o botón dereiro no cartafol e escolla a orde "Abrir nun terminal". Xa xanela do terminal que se acaba de abrir, execute a orde de instalar o paquete de idioma (en todas as ordes seguintes, se solicitará escribir o contrasinal do usuario root):

Para sistemas Debian/Ubuntu: sudo dpkg -i *.deb

Para sistemas Fedora: su -c 'yum install *.rpm'

Para sistemas Mandriva: sudo urpmi *.rpm

Para outros sistemas RPM (Suse, etc.): rpm -Uvh *.rpm

Inicie agora un dos aplicativos da LibreOffice - por exemplo o Writer. Vaia ao menú Ferramentas - Opcións. Na caixa de diálogo de Opcións, prema en "Configuracións de idioma" e prema en "Idiomas". Na lista "Interface de usuario" selecione o idioma que acaba de instalar. Se quere, faga o mesmo coas "Configuración local", a "Moeda predeterminad", e "Idiomas predeterminados para documentos".

Despois de axustar esa configuración, prema en Aceptar. O cadro de diálogo cerrarase, e verá unha mensaxe informativa que avisa de que os cambios se activarán despois de saír da LibreOffice e de volvela iniciar (tamén se deberá cerrar o inicio rápido, se estivese en execución).

A próxima vez que incie LibreOffice, arrincará no idioma que acaba de instalar.
			
----------------------------------------------------------------------
Problemas durante a inicialización do programa
----------------------------------------------------------------------

Os problemas ao iniciar LibreOffice (p.ex. aplicativo colgado) ou os problemas coa pantalla adoitan ser debidos aos controladores da tarxeta gráfica. Se ocorre este problema, actualice os controladores da súa tarxeta gráfica ou trate de usar os controladores que se lle entregaron co sistema operativo. Os problemas para mostrar obxectos 3D adoitan solucionarse desactivando a opción "Usar OpenGL" no menú 'Ferramentas - Opcións - LibreOffice - Ver - Visualización 3D'.
			
----------------------------------------------------------------------
Teclas de atallo
----------------------------------------------------------------------

As únicas teclas de atallo (combinacións de teclas) que se poden utilizar en LibreOffice son aquelas non utilizadas polo sistema operativo. Por iso, se algunha combinación de teclas non funciona en LibreOffice conforme se describe na Axuda, verifique se o sistema operativo xa usa ese atallo. Para corrixir eses conflitos, altere as teclas atribuídas polo seu sistema operativo ou modifique as atribucións de teclas de LibreOffice. Para obter máis información, consulte a Axuda de LibreOffice ou a documentación de axuda do seu sistema operativo.
			
----------------------------------------------------------------------
Bloqueo de ficheiros
----------------------------------------------------------------------

O bloqueo de ficheiros está activado de modo predeterminado en LibreOffice. Nunha rede co protocolo NFS (Network File System), o demoño de bloqueo para clientes NFS debe estar activo. Para desactivar o bloqueo de ficheiros, edite o script soffice e cambie a liña "export SAL_ENABLE_FILE_LOCKING" a  "# export SAL_ENABLE_FILE_LOCKING". Se desactiva o bloqueo de ficheiros, non haberá restrición de aceso de escritura dun documento para o usuario que primeiro abra o documento.

Aviso: O bloqueo de ficheiros pode causar problemas con Solaris 2.5.1 e 2.7 cando se utiliza con Linux NFS 2.0. Se o contorno do seu sistema ten estes parámetros, recomendámoslle que evite usar o bloqueo de ficheiros. De non o facer, LibreOffice ficará trabado sempre que tente abrir un ficheiro dun cartafol montado por medio de NFS nun computador con Linux.
			
----------------------------------------------------------------------
Rendemento gráfico
----------------------------------------------------------------------

Na configuración predeterminada, LibreOffice privilexia a boa calidade na presentación de imaxes por riba da velocidade. De experimentar lentitude nas imaxes, desactive 'Ferramentas - Opcións - LibreOffice - Ver - Utilizar suavización'.
			
----------------------------------------------------------------------
Notas importantes de accesibilidade
----------------------------------------------------------------------

Para obter máis información sobre as características de accesibilidade de LibreOffice consulte http://www.libreoffice.org/accessibility/
			
----------------------------------------------------------------------
Asistencia do usuario
----------------------------------------------------------------------

A páxina principal de asistencia en http://www.libreoffice.org/support/ ofrece diversas posibilidades de axuda sobre LibreOffice. As súa dúbida poida que xa fose contestada - pódese revisar o foro da comunidade en http://www.documentfoundation.org/nabble/ ou buscar no arquivo da lista de correo 'users@libreoffice.org' en http://www.libreoffice.org/lists/users/. Outra posibilidade consiste en enviar unha pregunta a users@libreoffice.org. Para obter a resposta a unha pregunta hai que se suscribir á lista enviando un correo electrónico baleiro a: users+subscribe@libreoffice.org.

Consulte tamén a sección FAQ en http://www.libreoffice.org/faq/.
			
----------------------------------------------------------------------
Informar de erros & incidencias
----------------------------------------------------------------------

O noso sistema de informe, seguimento e resolución de erros é o BugZilla, xentilmente hospedado en https://bugs.freedesktop.org/. Convidamos a todos os usuarios a informaren de erros que poidan ter aparecido nunha plataforma en particular. O informe de erros é unha das máis importantes colaboracións da comunidade de usuarios para o desenvolvemento continuado e mellora da LibreOffice.
			
----------------------------------------------------------------------
Participación
----------------------------------------------------------------------

A Comunidade OpenOffice.org sairía moi beneficiada da súa participación activa no desenvolvemento deste importante proxecto de software libre.

Como usuario, xa é parte valiosa do proceso de desenvolvemento da suite e gustaríamos convidalo a ter un papel máis activo co fin de converter a súa participación en colaboración de longo prazo coa comunidade. Únase á nosa comunidade e consulte a páxina de colaboracións en http://www.libreoffice.org/contribution/
			
Como comezar
----------------------------------------------------------------------

A mellor maneira de colaborar é subscribirse a unha ou máis de nosas listas de discusión, observar durante algún tempo e gradualmente utilizar os arquivos de correo para se familiarizar cos varios temas abordados desde que o código fonte da LibreOffice foi liberado en outubro de 2000. Se estiver familiarizado com proxectos de código fonte aberto, consulte a nosa lista de tarefas en http://www.libreoffice.org/develop/ e vexa se hai algo no que lle interese axudar.
			
Subscribirse
----------------------------------------------------------------------

Aquí se detallan algunha das listas de correo ás que se pode subscribir en http://www.libreoffice.org/contribution/

* Novas: announce@documentfoundation.org *recomendada para todos os usuarios* (tráfico leve)
* Lista principal para usuarios: users@libreoffice.org *a forma máis doada de observar os debates* (tráfico pesado)
* Proxecto de márketin: marketing@libreoffice.org *alén do desenvolvemento* (tráfico cada vez máis pesado)
* Lista xeral de desenvolvedores: libreoffice@lists.freedesktop.org (tráfico pesado)
			
Unirse a un ou máis proxectos
----------------------------------------------------------------------

Pode facer grandes contribucións a este proxecto de software libre mesmo sen ter moita experiencia con manexo do código ou co deseño de software. Si, vostede mesmo!

Esperamos que aprecie traballar co novoLibreOffice 3.3 e que se una a nós en liña.

A comunidade LibreOffice
			
----------------------------------------------------------------------
Código fonte usado / modificado
----------------------------------------------------------------------

Portions Copyright 1998, 1999 James Clark. Portions Copyright 1996, 1998 Netscape Communications Corporation.